No se encontraron artículos.
Fotografía

P.E.L. (Por Estes Lodos)

Martín Dacal

Año del proyecto: 

2023

Traballo Fin de estudos

Galicia, cunha extensión de 29.539 Km2, destaca por ser un entorno xeográfico e cultural idóneo para o desenvolvemento dos sectores primarios. A Galicia interior, cas súas mesetas e depresións, desenvolve un papel fundamental na política, economía, sociedade e cultura da rexión cun sector gandeiro que representa aproximadamente o 20% do emprego rexional e máis do 15% do total dos sectores primarios en España, con mais de 180.000 postos de traballo; sendo a cría de gando vacún a actividade mais destacada.

-----------

Nembargantes,a partir da entrada de España na UE en 1985, o sector gandeiro experimenta un declive debido a políticas autonómicas e estatais xenéricas e ineficaces; reducíndose a poboación agraria e superficie agraria útil á metade en menos dunha década. Engádese ca chegada do novo século, o declive por mor da influencia de macroempresas como Coren, a falta de control nos prezos e o aumento dos costos de produción. Acelérase a decadencia do sector.

Entre tanto neste marco, a gandería extensiva, centrada na adaptación a o entorno e sostenibilidade, formaba parte fundamental da cultura rexional; pois, a pesar da súa menor produtividade, é quen de aportar beneficios sociais e medioambientais, como a regulación dos incendios forestais e o enriquecemento e produtividade do chan entre outros. Hoxe en día, dita gandería atópase camiño da extinción. Isto representará a perda dunha forma de vida sostible, economía propia e tradición arraigadas, xerando a perda de poboación en zonas rurais e semi-urbanas de Galicia onde na actualidade, mais de3.500 núcleos rurais atópanse xa completamente despoboados.

---------------

P.E.L.(Por Estes Lodos) viaxa a través da Galicia interior, co afán de rexistrar de que xeito a poboación rural galega carga co peso dun sector en decadencia, co fin de preservar súa economía, historia e tradición e onde seu apresurado cesar exemplifica a fraxilidade dun entorno cada vez mais desatendido e despoboado.

Os efectos destes fenómenos xa se atopan presentes no conxunto da nosa sociedade, na súa economía e relación ca natureza, determinando así o noso porvir a longo prazo.

Ir a la portada del proyecto