No se encontraron artículos.
Ebanistería Artística

mesa OLEA

Fernando García González

Año del proyecto: 

2022

Proyecto Integrado

Material: Freixo e cerdeira

Olea é unha mesa de centro concibida desde a cultura do deseño e construída mediante técnicas artesanais.

Influenciada polo movemento moderno, presenta lixeireza na súa estrutura, e xeometrías simples nas súas formas. Éstas, contrastan perfectamente con elementos tan tradicionais como os seus ensambles, que están realizados manualmente e a taracea, que se estende por todo o taboleiro, chegando tamén aos seus cantos.  O traveseiro da parte baixa da mesa, funciona como un reflexo da liña que cruza o taboleiro, con este detalle créase un xogo visual que achega valor ao seu deseño.

A simbiose entre deseño e artesanía non é a única que existe en Olea. Os seus materiais combinan de forma natural, creando un contraste suave e harmónico. A súa estrutura está construída integramente con cerdeira, mentres que para o taboleiro a madeira seleccionada foi o freixo.

Olea é unha peza que conxuga versatilidade e deseño, o que a converten nunha mesa que tería cabida en calquera espazo.

Ir a la portada del proyecto