No se encontraron artículos.
Deseño editorial

El Libro Rojo de Cornelius

Tomás Lillo Ortiz

Año del proyecto: 

2023

Proyecto Fin de Estudios

Por fin todo Cornelius nunha edición de mesa de café!

Unha antoloxía visual con máis de 500 páxinas a toda cor, coas mellores historietas, chistes e risas e material inédito.

Coeditado por Apa Apa Cómics, Blackie Books e o Cornelius Comics Club, El Libro Rojo de Cornelius é o resultado de reunir a obra gráfica de Marc Torices arredor de Cornelius e empaparmos da súa estética. Cornelius é un eterno perdedor, merecedor de mágoa, pero que acaba por demostrar ser un pusilánime. Atopamos ecos de Chris Ware, Schulz, Winsor McCay, Nick Drnaso, Olivier Schrauwen, Matt Furie, Bruguera, TBO, Roberto Bolaño e da escena da banda deseñada underground máis actual.

O proxecto incúe un calendario promocional, en risografía, unha libretiña e un packaging serigrafiados.

Ninguén debería perderse esta coidada edición exclusiva de 100 exemplares que sae entre a primeira e segunda edición de La Alegre Vida del Triste Perro Cornelius (Apa Apa Cómics 2023). Un dos libros máis esperados dos últimos anos e que será publicado próximamente por Actes Sud e Drawn & Quarterly.

Ir a la portada del proyecto