No se encontraron artículos.
Fotografía

A aldea

Roi Cruz

Año del proyecto: 

2023

Traballo Fin de estudos

Dende hai anos, a miña familia xa non sube cada fin de semana á aldea. Non celebra os aniversarios nin a festa. Non fai vida nela.

Na aldea pasei parte da miña infancia, correndo e xogando. Aos meus ollos de neno estaba chea de vida, pero a verdade era que estaba dando os seus últimos folgos. A miña aldea non é un caso illado; o rural galego sofre despoboamento e o abandono de forma sistemática dende hai décadas. Cada dia é máis difícil de habitar.

Este traballo movese entre o analóxico e o dixital, entre o pasado e o presente, entre o artístico e o documental. Un traballo de arquivo familiar comparado que fala do paso do tempo sobre os lugares que habitamos, agora convertidos en recordos.

Anteo desarraigo que acontece, cómpre facer unha reflexión: temos que contar as historias dos que habitamos, para non desaparecer.

roidefoto@gmail.com

Ir a la portada del proyecto