Galería de imágenes
No se encontraron artículos.
No se encontraron artículos.
No se encontraron artículos.
No se encontraron artículos.
Eventos
 · 
CREAR 2023

Daniel Guzmán y Julio Sotomayor. El espacio en la experiencia gastronómica.

por

DIRECCIÓN

Publicado en

21/04/2023

Data: Martes 25 de abril ás 20:15h.

Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Nova restaurante xurde do soño de dous cociñeiros ourensáns, Julio Sotomayor e Daniel Guzmán, de crear un espazo no que desfrutar dun único protagonista: o produto.

Explicar a carreira destes dous cociñeiros ourensáns por separado sería completamente imposible xa que son curmáns e amigos dende cativos. Xa de nenos creceron nun ambiente moi apegado aos fogóns, con grandes cociñeiros no seo da súa familia, entre os que destaca a figura de Tito Guzmán.

A nivel profesional, os dous cursaron estudos no I.E.S. Vilamarín, case de maneira simultánea, e dende este punto comezaron o seu percorrido por diferentes restaurantes que foron espertando neles a paixón por esta profesión e perfilando a súa idea de cociña.

No caso de Daniel, marchou moi novo á costa catalá, mentres que Julio entrou a formar parte do cadro de persoal do restaurante Galileo preto da cidade de Ourense.

Pouco tempo despois, con Dani xa de volta, coincidiron nun histórico restaurante da capital ourensá na que tiveron a sorte de tratar con xénero galego da mellor calidade.

Volvéronse separar, Julio, con só 23 anos, tomou os mandos do Mosteiro de San Clodio, mentres que Dani pasaba tres anos no restaurante A Rexidora de Ourense.

De aquí a pouco, Julio marchou a Praga para colaborar na apertura do Hotel Thalía de cinco estrelas como xefe de cociña.

O destino volveunos a unir no restaurante Barandal en León, época na que se enchouparon da cociña tradicional da zona.

A partir deste momento viviron unha etapa de 6 anos na que Julio marchou a Cataluña e tivo a sorte de traballar con xente do renome de Santi Santamaría e Iván Sola, no restaurante Can Fabes en San Celoni; ademais de dirixir dúas cociñas do Grupo Paradis, para rematar a súa andaina, nestas terras, no Castell D’Empordá. Neste período Dani traballou con Marcelo Tejedor e Iván Domínguez na capital galega, amais de dedicarse á docencia e á gravación do programa “Ata a Cociña!” de Vtelevisión.

Durante este tempo, dende a distancia, empezou a xestarse a idea de montar un restaurante xuntos na súa cidade natal, no que poder plasmar os seus coñecementos e o seu amor pola cociña, e por fin… botar raíces.

www.novarestaurante.com

Ir a la portada de noticias
Eventos
 · 
CREAR 2023
VER EN DIRECTO

Daniel Guzmán y Julio Sotomayor. El espacio en la experiencia gastronómica.

Martes 25 de abril ás 20:15h. Centro cultural Marcos Valcárcel.

Galeria de VIDEOS

Galería de imágenes

No se encontraron artículos.
No se encontraron artículos.
No se encontraron artículos.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver a la página de noticias →